O Entroido de Cobres preséntase polas parroquias

Vilaboa
28 de xaneiro 2024

Parellas de nenos e adultos achegaron este domingo o ritmo e colorido deste emblemático entroido a diversos puntos de Vilaboa como antesala á programación festiva do próximo mes de febreiro

Presentación do Entroido de Cobres polas parroquias
Presentación do Entroido de Cobres polas parroquias / Concello de Vilaboa

Cada vez falta menos para o entroido e en Vilaboa, onde gozan dunha das citas de maior tradición da comarca, empezan xa a celelebrarlo.

Diversos puntos do municipio contaxiáronse do ritmo e colorido do tradicional Entroido de Cobres, nun roteiro de presentación que pasou por Santa Marta, Figueirido e Postemirón ao longo da mañá deste domingo e xa pola tarde por As Salinas.

Madamas e Galáns escenificaron as súas danzas por todo o percorrido como avance á programación que levará a cabo do 10 ao 13 de febreiro polas aldeas acompañados de agrupacións musicais.

Participaron na xornada ao redor de 70 persoas, entre parellas de bailes de nenos e adultos xunto aos músicos, dando unha mostra dunha das tradicións máis arraigadas en Vilaboa.

Arquivado en