Como ven sendo tradición cada ano no Concello de Vilaboa, o Entroido de Cobres comeza a súa andadura. Será coa apertura oficial do entroido e a presentación das Madamas e Galáns, que terá lugar o vindeiro sábado 7 a partir das 18 horas na Casa de Cultura de Riomaior.
Neste acto inaugural tamén terá lugar a apertura da Mostra Cultural, que este ano contará cunha exposición sobre o entroido dos Xenerais do Ulla, grazas á colaboración da parroquia de Merza, en Vila de Cruces, que non dubidadaron en facer un préstamo de material e traxes.
O acto estará presentado polo humorista local Xan Lorenzo e amenizado, ademais de coas Madamas e os Galáns, coas actuacións dos Veteranos do Entroido, das pandereiteiras Adonairare da Asociación Cultural Barqueiro e o grupo infantil de baile galego Os Borrateiros.
Desde a Concellería de Cultura ofértase tamén un obradoiro de disfraces para os máis pequenos. Este terá lugar o xoves 12 ás 18 horas na Casa de Cultura de Riomaior. Os interesados deberán anotarse no concello antes do martes 10.
O sábado 14, o Entroido de Cobres comeza o seu percorrido polas rúas e casas das parroquias de Cobres (San Adrián e Santa Cristina).
Durante 4 días, sábado, domingo, luns e martes pola mañá, as Madamas e os Galáns e os demáis personaxes do entroido levarán os seus bailes e pezas musicais aos veciños, así como a todos aqueles visitantes.
Os catro días haberá verbena polas noites no recinto de festas
O martes 17 é o día grande do Entroido de Cobres, xa que se celebra a tradicional Corrida do Galo. Desde as 16 horas e durante máis de 3 horas sucederánse diferentes actividades de xogos populares e actuacións musicais e de baile no parque de Riomaior (xunto ao colexio). A entrada das Madamas e os Galáns, o Galo na vara, o Galo na charca, a Corrida do Galo, actuación de comparsas, a lectura do pregón do Predicador e a queima do galo.
Os catro días haberá verbena polas noites no recinto de festas situado no parque de Riomaior.
"Animamos a todos que participen desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, de tanta beleza e tradición e da que temos que sentirnos moi orgullosos", declarou Tomás Boullosa, concelleiro de Cultura e Mocidade.