O Entroido de Campo Lameiro, aprazado ata o sábado 16 de marzo

Umia
26 de febreiro 2024

Xa hai data para o desfile do Entroido de Campo Lameiro. Tras dous intentos previos que quedaron en nada polas malas condicións meteorolóxicas, a festa volverá a probar sorte unha terceira vez. Será o sábado 16 de marzo, a partir das cinco da tarde

Participantes no desfile do Entroido de Campo Lameiro
Participantes no desfile do Entroido de Campo Lameiro / Concello de Campo Lameiro

Xa hai data para o desfile do Entroido de Campo Lameiro. Tras dous intentos previos que quedaron en nada polas malas condicións meteorolóxicas, a festa volverá a probar sorte unha terceira vez. Será o sábado 16 de marzo, a partir das cinco da tarde.

Participarán como comparsas convidadas Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Paparrulos (Marín), Os da Caña (Marín), As Sonecas (Campelo-Poio), Luces (Tomiño), Las Flores del Carnaval (Monte Porreiro-Pontevedra), Os 100tolos (Campelo-Poio) e Os Miúdos (Arcade-Soutomaior).

Unha vez rematado o desfile haberá diversión e baile a cargo do DJ Pakovulkano.

O prazo para inscribirse no concurso e o desfile, que partirá desde a gasolineira de Veigas de San Miguel, pechará o 14 de marzo e poderán inscribirse todas aquelas persoas, grupos e comparsas que o soliciten no Concello ou por sede electrónica.

En total, o Concello de Campo Lameiro repartirá 1.920 euros en premios, repartidos entre os participantes en idade infantil e os adultos, ambas categorías en modalidade individual ou grupos.

Arquivado en