O Entroido de Campelo reunirá a 16 comparsas

Poio
19 de marzo 2019

Participarán Os 100tolos, Queimatasas, Solfamidas, A Vila, As Sonecas, Paparrulos, Samieira, Canecos, Flores de Carnaval, Cor Café, Os da Caña, Revolution Show, Amoriños de Bora, Marchosas de Arcade, Miudiños de Arcade e Talismán. O desfile sairá desde O Regueiro do Estanco ata a praza da Granxa e terminará con chocolatada

Desfile do Entroido de Poio
Desfile do Entroido de Poio / Diego Torrado

A concelleira de Festexos do Concello de Poio, Lida Salgueiro presentou o Entroido de Campelo que terá lugar este domingo 24 de marzo e incluirá un encontro de comparsas e grupos.

Participarán Os 100tolos, Queimatasas, Solfamidas, A Vila, As Sonecas, Paparrulos, Samieira, Canecos, Flores de Carnaval, Cor Café, Os da Caña, Revolution Show, Amoriños de Bora, Marchosas de Arcade, Miudiños de Arcade e Talismán. O desfile sairá desde O Regueiro do Estanco ata a praza da Granxa e terminará con chocolatada.

A iniciativa está organizada pola ACD Campelo, a Comisión de Festas A Virxe de Fátima, a Asociación de Veciños de Campelo, o Sporting Campelo Veteranos e a comparsa Os 100 tolos.

Esta proposta festiva xorde como reacción ao cambio de saída do desfile, que pasou da praza da Granxa ao seu novo percorrido a través da PO-308. Ademais ten un compoñente emotivo coa homenaxe a Gino Castiñeira, un dos impulsores do entroido en Poio.

 

Arquivado en