As pantallas son o símbolo do entroido de Xinzo de Limia e desde a vila ourensá viaxaron este sábado 16 de xaneiro para abrir os actos da programación do Entroido pontevedrés.
As máscaras percorreron as rúas do centro histórico en busca de persoas que paseaban sen disfrace emitindo sons tenebrosos a través do golpeo de vexigas. Coa súa vestimenta formada por unha camisa e un calzón branco, polainas negras e unha capa vermella con cintas bailaron tamén ao son do grupo folclórico que lles acompañaba e pousaron ante a capela da Peregrina e xunto ao monumento do máximo representante do entroido local, o loro Ravachol.
Tras apresentación do cartel realizado polo debuxante Kiko da Silva iníciase con este evento festivo a programación de fronte ao comezo destas festas que se desenvolverán na segunda semana de febreiro.