A carpa situada en Portonovo para recoller o IX Encontro de Palilleiras e que conta con 1.500 metros cadrados de superficie quedouse escasa debido á multitude de interesadas en participar.
Segundo Rosa Alarcón, presidenta de Mulleres Rurais Santa Catalina, "hoxe tivemos que empezar a dicir que non a quen nos chamou para vir, porque xa non nos queda espazo ningún para poñer ás palilleras".
Este ano o encontro bate un récord, con 722 participantes está moi por encima das 500 asistentes da pasada edición. "Tivemos que pechar a inscrición por falta de espazo", engadía a presidenta.
A organización convida a todo o mundo a que goce desta exposición e insiste en que ver traballar ás mulleres na carpa resulta tamén un importante atractivo, pero especialmente para os amantes desta arte.