O eixe de mobilidade sostible na estrada vella de Marín, entre Mollavao e Os Praceres, pasa a información pública

Pontevedra
02 de xaneiro 2023

O Diario Oficial de Galicia publica este luns o proxecto que contará cun investimento de case 6,6 millóns de euros e tamén a información pública do proxecto dun aparcadoiro disuasorio asociado á PO-546, cun orzamento de case 500.000 euros

Proxecto de reforma da estrada PO-546, entre Marín e Pontevedra
Proxecto de reforma da estrada PO-546, entre Marín e Pontevedra / Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicaba este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de transformación integral da estrada PO-546, a coñecida como estrada vella entre Marín e Pontevedra. 

O proxecto contempla a creación dun eixo de mobilidade sostible cun investimento que rolda os 6,6 millóns de euros. Teñen como obxectivo mellorar a funcionalidade da estrada entre Mollavao e Os Praceres, no municipio de Pontevedra. A proposta oriéntase ao tránsito de peóns, ciclistas e transporte público.

A intervención céntrase na construción dun itinerario polo margenderecho da estrada autonómiuca, de 3,5 quilómetros de lonxitude. Entre as actuacións inclúese a separación co trazado da senda na travesía da Gandarela,, debido á falta de espazo entre as construcións actuais. Acometerase a creación dunha glorieta á altura da intersección de acceso ao Centro de Investigacións Forestais de Lourizán coa PO-546, coa finalidade de reducir a velocidade dos vehículos que acceden á travesía de Garandela procedentes de Marín e mellorar a seguridade no acceso a este espazo.

A glorieta, segundo a Xunta, tamén facilitará o cambiio de sentido dos vehículos que procedan de Marín e queiran acceder ao futuroaparcamento disuasorio tipo carpooling. Este aparcamento tamén se sometía este luns á información pública.

Tamén se mellorarán as paradas de transporte público, favorecendo a mobilidade en autobús entre Marín e Pontevedra, e renovarase a iluminación no tramo de actuación. Tamén se executarán dúas pasarelas a distinto nivel da senda peonil e muros de sostemento debido á proximidade da vía de ferrocarril nalgunhas zonas.

Ademais, habilitarase un miradoiro á ría de Pontevedra aprovehcando o espazo na marxe dereita da calzada, cun pequeno parque infantil e zona verde. 

A proposta da Xunta busca favorecer un espazo de mobilidade peonil-ciclista que conecte o núcleo de Marín coa cidade de Pontevedra.

O aparcamento disuasorio na PO-546, que tamén se somete a información pública, busca o fomento do vehículo compartido. Crearase entre a estrada de acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección co núcleo de Rozo coa estrada.

O investimento achégase aos 500.000 euros e a superficie deste espazo será de 2.465 metros cadrados, con 71 prazas, dúas para persoas con mobilidade reducida, e tres puntos de recarga para vehículos eléctricos.

As persoas interesadas en formular observacións a estes proxectos teñen un prazo de 30 días hábiles, a partir deste martes 3.