O edificio municipal da rúa Ferreiros abrirá ao público o 8 de xuño e acollerá as áreas de Tesorería e Urbanismo. Así o anunciaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Réxime Interior, Anabel Gulías, durante a visita ás obras do inmueble que tivo lugar este mércores.
O primeiro servizo que se abrirá ao público será o de Xestión Tributaria, ao que poderán acudir os cidadáns previa reserva de cita. "Xa estaba previsto mellorar e axilizar tanto atención ao público como os traballos dos funcionarios e aquí imos conseguir unha atención máis personalizada e limitando as aglomeracións e a espera para a xente que se achegue a facer xestións administrativas", explicou o rexedor, quen recordou que nestas dependencias traballarán 70 funcionarios nun espació de preto de 1.400 metros cadrados.
Na planta baixa situaranse as áreas de Tesorería con 30 postos de traballo. Mentres que na segunda, estarán os traballadores de Urbanismo que inclúe os departamentos de Disciplina Urbanística, Medio Ambiente, Policía Administrativa, Oficina técnica de licenzas e inspección, Oficina técnica de rehabilitación, Servizo de Urbanismo, Planeamento e Patrimonio. Atencións das que se encargarán 40 traballadores.
Ademais, as obras realizáronse tendo en conta a necesidade de aplicar as normas de seguridade trala aparición do Covid-19, polo que aseguran a separación de máis de dous metros entre traballadores e usuarios.
O edificio está equipado con tecnoloxía domótica e de aforro de enerxía. Ademais, no exterior instalouse unha estrutura de madeira coa función de refrescar as oficinas durante o verán e ou manter a calor no inverno.
Pola súa banda, Anabel Gulías sinalou que o traslado das áreas de Tesorería e Urbanismo a este edificio conllevan unha reformulación de espazos que xa estaban previstos no proxecto de modernización da Administración Local, que agora se acelera pola aparición do coronavirus.
A reforma de Michelena 30 e o traslado a Ferreiros liberará unha parte do edificio de Churruchaos, onde está previsto reorganizar o espazo para situar o servizo de Patrimonio e as oficinas dos grupos da oposición. Está previsto tamén unha reforma do propio Teatro Principal para acondicionar toda a área que quedará libre despois do traslado de Disciplica Urbanística para dispoñer de salas de reunión e unha sala de prensa.