O 'drama da draga', nova historia de "A memoria das mulleres" en TikTok

Pontevedra
12 de xullo 2021

A historia dun grupo de mulleres que nos anos 60 loitaron contra a extracción de area do fondo da ría para utilizala na construción. Así foi o 'drama da draga', un episodio que a 'tiktoker' Laura Franco recuperou para divulgala entre as novas xeracións

Laura Franco, na súa conta de TikTok
Laura Franco, na súa conta de TikTok

A historia dun grupo de mulleres que nos anos 60 loitaron contra a extracción de area do fondo da ría para utilizala na construción. Así foi o 'drama da draga', un episodio que a 'tiktoker' Laura Franco recuperou para divulgala entre as novas xeracións.

É un novo vídeo que, a través desta rede social, publica o programa A memoria das mulleres.

Coas habituais doses de humor e retranca que caracterizan os seus vídeos, Laura Franco revisita este episodio, poñendo énfase na "intelixencia" daquelas mulleres de Ponte Sampaio, Arcade e Paredes que conseguiron paralizar esa nociva práctica sobre o seu sustento.

Lograron embarrancar as barcas da draga tirándolle pedras e protexéronse das forzas de seguridade estendendo unha bandeira de España como barreira, posto que os axentes na época da ditadura tiñan prohibido pisala e atravesala.

A 'tiktoker' apela no vídeo a recuperar ese espírito para "pelexar en contra de Ence".

Esta peza enmárcase na filosofía de promover a difusión da loita antifascista e da traxectoria das mulleres pontevedresas entre o público máis novo e utilizando as plataformas e recursos propios da mocidade actual.