O DNI 3.0 xa está aquí

Pontevedra
17 de agosto 2015

O próximo venres 21 de agosto procederase á adecuación dos sistemas e aplicacións informáticas da Oficina de Expedición do Documento Nacional de Identidade e pasaportes da Comisaría Provincial para a súa implantación. A oficina permanecerá pechada ao público ao longo de toda a xornada

DNI 3.0
DNI 3.0

O novo DNI electrónico 3.0 xa chegou a Pontevedra. O próximo venres 21 de agosto procederase á adecuación dos sistemas e aplicacións informáticas da Oficina de Expedición do Documento Nacional de Identidade e pasaportes da Comisaría Provincial para a súa implantación.

Segundo informou a Policía Nacional, para poder realizar a adecuación dos sistemas a oficina permanecerá pechada ao público ao longo de toda a xornada.

As mesmas tarefas se irán realizando ao longo das próximas semanas noutras comisarías da provincia, en concreto, Lalín, Marín e Salvaterra de Miño. Por tal motivo, as dependencias de Lalín estarán pechadas o 2 de setembro, as de Marín o día 22 e as de Salvaterra o día 24.

O novo DNI electrónico 3.0 incorpora un chip certificado como dispositivo seguro -de maior capacidade e velocidade-, permite a transmisión de datos vía NFC (Transmisión de Datos por Contacto) e radiofrecuencia, inclúe novas medidas de seguridade e dota a firma electrónica da mesma validez xurídica que a firma manuscrita.

Segundo informou no seu día o Ministerio do Interior, debido ás súas novas capacidades técnicas, o DNI 3.0 poderá ser usado como documento de viaxe electrónica. Así mesmo, permitirá a comunicación con smartphones a través dunha antena de radiofrecuencia e vía NFC.