O director do Instituto Galego de Promoción Económica visita a fábrica Aves Lago

Pontevedra
11 de abril 2018

Juan Cividanes falou da próxima convocatoria de axudas para proxectos piloto 4.0 durante a súa visita a Aves Lago, unha das empresas que está a investir neste ámbito

Visita do director do Igape á empresa Lago Aves
Visita do director do Igape á empresa Lago Aves /

O presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Juan Cividanes, visitou este mércores 11 de abril a fábrica Lago Aves de Pontevedra, con motivo da nova convocatoria de axudas para proxectos piloto 4.0.

A empresa investiu neste ámbito máis de 450.000 euros destinado a implantar innovadoras tecnoloxías de sensorización avanzada para optimizar os seus procesos profundando na robotización.

Cividanes falou da concesión de axudas por valor de 430.000 euros como parte do programa Reacciona do IGAPE para apoiar a implantación de novos proxectos de mellora para optimización da xestión financeira, modernización da produción e a cadea loxística, o relanzamento comercial ou a mellora da imaxe e a comunicación empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 25 de maio.

O presidente de IGAPE mencionou tamén a terceira convocatoria para apoiar o investimento das pemes no ámbito 4.0 durante o segundo trimestre do ano, amparados polas dúas convocatorias anteriores. Durante estes períodos, preto de 70 empresas galegas desenvolveron investimentos que mobilizaron 15 millóns de euros para a aplicación de tecnoloxías máis avanzadas.