A Asociación Recreativa de Xeve escenificou a chegada dos carros co viño do ribeiro e a súa entrada na cidade desde Ourense ata Santa Clara e de aí á praza da Ferrería.
Xentes por doquier corren á apertura do mercado porque "chega o mes sen impostos" co que o rei Henrique IV premiou á Boa Vila a súa fidelidade, quince días antes e outros quince despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.
Por fóra da vella muralla non hai festa porque aí a fiscalidade pertencía ao arcebispado de Santiago. Así que bois, vacas, ovellas, viños, queixos, ferramentas, madeira e viandas, de todo chega a intramuros dunha cidade onde os seus habitantes danzan cas súas mellores galas, entre saltimbanquis e mercaderes.
Co fin do verán e a chegada das colleitas, Pontevedra lembra así que no ano 1467 era unha puxante vila.