O Día de Colón incluirá por primeira vez unha xusta medieval

Poio
04 de xuño 2015

A sexta edición do Día de Colón, que organiza a Asociación Combrus, Vides Novas e asociación de Empresarios e comerciantes de Poio incluirá este ano como novidade máis destacada unha Xusta medieval que se celebrará o sábado 20 de xuño no paseo marítimo de Combarro e onde poderán gozar dun campamento medieval permanente

Público asistente ao primeiro torneo medieval
Público asistente ao primeiro torneo medieval / PontevedraViva

A sexta edición do Día de Colón, que organiza a Asociación Combrus, Vides Novas e asociación de empresarios e comerciantes de Poio incluirá este ano como novidade máis destacada unha xusta medieval que se celebrará o sábado 20 de xuño no paseo marítimo de Combarro e onde poderán gozar dun campamento medieval permanente, obradoiros de tiro con arco, esgrima antiga, ampla zona infantil cunha mini xusta medieval para os máis pequenos.

O grupo Moura teatro representará unha obra de teatro sobre o libro "Érase unha vez" escrito por Ramon Pedras, o grupo de ximnasia ritmica Saraiba de Poio volverá sorprendernos a todos cun baile medieval. Durante estes días os veciños do municipio continúan cos ensaios dos seus bailes medievais.

O pregoeiro deste ano co que se abrirá a festa será o escritor Angel Carracelas autor de "A pegada de Pedro Madruga en Cristobal Colon".

Outra novidade é que a Libraría Baroja de Pontevedra instalará un posto coas obras máis relevantes da teoría de Colón galego.

Carreira de barrís ou lanzamentos de alpacas volverán á praza de Portosanto (praza de Chousa) para que os veciños poden participar, unha catapulta de contrapeso en tamaño orixinal será instalada na praza onde se realizarán lanzamentos.

Dende a organización invitan veciños e visitantes a que se vistan de época e gocen dunhas xornadas medievais.