O Concello de Marín decidiu finalmente organizar o desfile infantil de entroido o venres 19 de febreiro. Todo o que desexe inscribirse debe achegarse á Alameda a partir das 16:30 horas. O desfile comezará ás 17:00 horas e este ano o percorrido será máis curto que outros anos, sairá dende a Alameda, pasando por Rúa Real, Praza do Reloxio, Rúa do Sol e baixando finalmente por Jaime Janer.
A festa que se celebrará na propia Alameda ao terminar o desfile será amenizada pola empresa Marexada.
O sábado 20 terá lugar o entroido en Seixo, organizado pola Asociación cultural "Ronsel". O desfile sairá ás 17:00 horas desde as inmediacións da gasolineira e finalizará na Alameda de Seixo, onde a partir das 18:00 horas empezará o baile de disfraces animado polo grupo Karamelo e contarán ademais con degustación de filloas.
Por último, o domingo será a quenda do entroido de Santomé, organizado pola Asociación Cultural Santo Tomé de Piñeiro, que comezará ás 17:00 horas.