O Concello de Poio comunica que o desfile do Entroido de Poio precederá ao enterro do Galo Fodorico o 16 de marzo e aínda que se barallaron varias datas, finalmente, e co obxectivo de manter a alta participación que había este ano, decidiuse respectar a data do enterro do Galo Fodorico que xa estaba no programa.
Manteranse as inscricións segundo as bases establecidas, individuais e parellas tamén poderán inscribirse na hora anterior á saída do desfile. Toda a información estará dispoñible na páxina web coas adaptacións horarias e de percorrido.
O goberno local agradeceu a todos os grupos, comparsas, parellas e participantes individuais a súa participación e colaboración neste Entroido.