O desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro aprázase ao domingo 8 de marzo

Bueu
28 de febreiro 2020

Ante as previsións meteorolóxicas nas que se agardan chuvias durante esta fin de semana, o comité de Entroido de Bueu decidiu suspender o desfile previsto para este domingo 1 de marzo e celebralo unha semana máis tarde

Paxaro de mal agoiro en Bueu
Paxaro de mal agoiro en Bueu / Concello de Bueu

O comité de Entroido de Bueu decidía nas últimas horas suspender o desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, unha cita tradicional da feta carnavaleira da vila, que estaba prevista para este domingo 1 de marzo.

As previsións meteorolóxicas apuntan a que se rexistrarán numerosas chuvias durante a fin de semana e, ante esta situación, a organización decidía trasladar o evento ao domingo 8 de marzo. A actividade vai desenvolverse a partir das 17.00 hora, tal e como se establece nas bases dos Premios do Entroido.

Desde o goberno local sinalan que o concerto da agrupación viguesa Broken Peach previsto para o domingo 1 na carpa da Praza Massó mantense no mesmo horario das 20.00 horas.

Arquivado en