O desfile de entroido pecha o centro de Pontevedra ao tráfico durante a tarde do sábado

Pontevedra
20 de febreiro 2020

O peche das rúas farase de forma progresiva a partir das 15 horas e a Policía Local recomenda o uso dos aparcamentos disuasorios para evitar retencións

Desfile do Entroido 2019 (1)
Desfile do Entroido 2019 (1) / Diego Torrado

O centro de Pontevedra pecharase este sábado ao tráfico para a celebración do tradicional desfile de entroido e para garantir a seguridade de peóns e condutores, a Policía Local xa ten trazado un dispositivo especial de tráfico. 

O tránsito de vehículos cortarase nas rúas Xosé Malvar (desde o cruzamento coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda, así como as rúas adxacentes: Cobián Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xaier Puig. Puntualizan desde a xefatura que a medida que vaia concluíndo o desfile e a limpeza, iranse abrindo as rúas.

Os cortes empezarán a partir das 16.30 horas, excepto en José Malvar que empezará ás 15 horas pola concentración das carrozas; e as rúas Echegaray e Alameda, que se pecharán a partir das 18 horas.

As restricións non se cinguirán soamente á circulación, co obxectivo de garantir a seguridade viaria limitarase tamén o estacionamento en todas as rúas polas que transcorra o desfile. Operarios municipais xa están a colocar valos con carteis informativos nas zonas afectadas.

A Policía Local recomienza a utilización dos aparcamentos disuasorios do Pavillón Municipal, da chaira do Recinto Feiral, a zona de Tafisa, o Peirao de Corbaceiras, Losada Diéguez e Pintor Urbano Lugris.

Arquivado en