O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo INEM) subiu na cidade de Pontevedra en 21 persoas ata deixar o número de desempregados rexistrados en 6.307.
Tamén sobe en concellos como Ribadumia (9 persoas), Poio (7), Cerdedo-Cotobade (5), Meis (5), Meaño (5), Moraña (5) e Bueu (4).
Con todo, a baixada do número de desempregados rexistrados no mes de maio afecta a municipios como Sanxenxo (-32 personas), O Grove (-26), Caldas de Reis (-12), Vilanova de Arousa (-11), Barro (-9), Portas (-7), Cuntis (-6), Vilaboa (-6), Marín (-5), Cambados (-5), A Illa (-5), Ponte Caldelas (-5), Vilagarcía (-4), Campo Lameiro (-3) e A Lama (-1).
PROVINCIA
Na provincia de Pontevedra o dato do paro do mes de maio é de 562 persoas menos (-0,74%), aínda que na comparativa interanual hai un repunte xeneralizado do paro de 11.546 persoas máis (+18,17%) ata os 75.094 desempregados.
GALICIA
En Galicia o parou baixou en 547 persoas (-0,29%) en maio respecto a abril ata as 191.082, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este martes.
En cambio, na comparativa interanual o paro dispárase un 18,8% en Galicia en maio respecto ao mesmo mes de 2019, con 30.277 desempregados máis.
En Galicia, o desemprego afecta a 83.931 homes e 107.151 mulleres. Do total, 9.584 son menores de 25 anos, con 4.952 homes e 4.632 mulleres.
ESPAÑA
En España a subida do paro no mes de maio é de 26.573 desempregados (+0,69%) e o incremento interanual no país é do +25,27%.