O descenso de contaxios tamén se nota nos colexios: a semana empeza con 21 positivos menos nas aulas

Pontevedra
02 de marzo 2021

Este martes o balance diario, no que se recollen datos do luns, fala de 128 positivos e 8 aulas pechadas fronte aos 169 e 9 clases do sábado 27 de febreiro -con datos do venres-. Un total de 69 centros educativos da área sanitaria teñen algún caso activo de covid-19 entre o alumnado e o persoal e sete deles algunha aula pechada 

Aula baleira en Pontevedra
Aula baleira en Pontevedra / Mónica Patxot

Un total de 21 positivos menos e unha aula pechada menos. Este é o balance da situación dos centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés neste inicio de semana con respecto á situación na que remataron a semana pasada. Este martes o balance diario, no que se recollen datos do luns, fala de 128 positivos e 8 aulas pechadas fronte aos 169 e 9 clases do sábado 27 de febreiro -con datos do venres-, de maneira que os centros eductivos reproducen a tendencia á baixada de contaxios que se está a detectar no conxunto da poboación. 

Segundo ese balance diario facilitado polo Servizo Galego de Saúde, un total de 69 centros educativos da área sanitaria teñen algún caso activo de covid-19 entre o alumnado ou o profesorado e resto de persoal non docente e sete deles teñen algunha aula pechada por orde da Consellería de Sanidade. 

Nas escolas infantís hai sete positivos en seis centros diferentes, un en Poio, un en Marín, tres en dous centros de Pontevedra, un en Sanxenxo e outro en  Vilanova de Arousa. Dous destes centros teñen aulas pechadas. 

O resto dos positivos pertencen a centros de ensino non universitario: infantil, primaria e secundaria, sendo Pontevedra o municipio con máis centros afectados. En total, hai 63 centros afectados con 121 positivos e na capital da provincia están 22 cun total de 50 casos activos e unha clase pechada. 

No caso de Pontevedra, hai casos no caso do CEE Pontevedra, no CEIP A Carballeira, no CEIP A Xunqueira 2, no CEIP Álvarez Limeses, no CEIP de Cabanas, no CEIP de Marcón, no CEIP de Ponte Sampaio, no CEIP Santo André de Xeve, no CEP Marcos da Portela, no CIFP A Xunqueira, no CPR Los Sauces, no CPR Plurilingüe Calasancio, no CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Dolores, no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús, Placeres, na escola oficial de idiomas e nos institutos A Xunqueira I, A Xunqueira II, Gonzalo Torrente Ballester, Luís Seoane, Sánchez Cantón e Valle-Inclán.

En Sanxenxo hai catro centros afectados con seis positivos e unha clase cerrada no CEIP de Portonovo, o CEIP Plurilingüe A Florida, o CPR Plurilingüe Abrente e o IES de Sanxenxo.

En Poio hai un caso activo no CEIP Plurilingüe Isidora Riestra e en Ponte Caldelas tres casos no CEIP Manuel Cordo Boullosa.

En Marín hai sete centros afectados cun total de 19 casos activos e unha clase pechada: CEIP de Seixo, CEIP do Carballal, CEP de Sequelo-Marín, CPR Plurilingüe La Inmaculada, IES Chan do Monte, IES Illa de Tambo e IES Mestre Landín.

Ademais, na comarca de Arousa hai un positivo no IES da Illa de Arousa;  en Vilagarcía de Arousa hai sete centros con 9 positivos e unha aula pechada, o CEIP Arealonga, CEIP de Vilaxoán, CEIP Plurilingüe de Rubiáns, CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, IES Armando Cotarelo Valledor, IES Castro Alobre e IES Miguel Ángel González Estévez; e dous centros en Vilanova de Arousa con tres positivos, CEIP Plurilingüe Xulio Camba e IES A Basella.

En Bueu hai un positivo no IES Johan Carballeira.

Na comarca de Umia hai un positivo no IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas, outro no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e tres en Moraña repartidos en dous centros, o CPI Plurilingüe Santa Lucía e a EEI de Amil.

Na comarca do Salnés hai seis en Cambados, nos CEIP San Tomé, CPR Salesianos A Mercé e IES Francisco Asorey; dous en Meaño no CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas e o IES de Meaño; e un no Grove no CEIP As Bizocas.

En Campo Lameiro hai un positivo no CEIP Pedro Antonio Cerviño e en Cerdedo-Cotobade hai un total de tres entre o CEIP Plurilingüe de Carballedo e o IES de Cotobade. 

En Soutomaior hai seis positivos e dúas aulas pechadas en tres centros: CEIP Manuel Padín Truiteiro, CPR Santiago Apóstol e IES de Soutomaior.

En Vilaboa hai un positivo no CRA Consuelo González Martínez.