O CSIC mostrará a gravidade da emerxencia climática nos institutos de Pontevedra

Pontevedra
24 de setembro 2019

Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas especializado en oceanografía química, será o encargado de demostrar que o cambio climático está aquí, o que está a producir cambios "muy graves" en arrecifes, infraestruturas portuarias, na explotación marisqueira, e nos areais das praias

Presentación das charlas pola emerxenxia climática
Presentación das charlas pola emerxenxia climática / PontevedraViva

Con motivo da emerxencia climática que se está atravesando globalmente, o Concello de Pontevedra, está a organizar unha campaña centrada na concienciación e a reivindicación da necesaria actuación política e social para loitar contra os problemas ecolóxicos globais.

É por iso, que desde a área de Promoción da Cidade creouse o programa PO2 como aposta a nivel municipal na loita contra esa emerxencia climática. Para iso, van promover unha serie de actividades paralelas á mobilización convocada para este venres, 27 de setembro ás 12:00 horas na praza da Peregrina con motivo da folga mundial polo clima.

Dentro do programa xeral, que se presentará nos próximos días, van desenvolver unha serie de charlas organizadas polo Concello, a Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (Fanpa), a Federación de asociacións de veciños Castelao e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A primeira proposta, presentada este martes pola concelleira de Promoción da Ciudad, Anabel Gulías, a protagonizará Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador do CSIC especializado en oceanografía química, que será o relator das charlas que se van a realizar nos institutos públicos de Pontevedra os días 25, 26 e 30 de setembro e do 1 ao 4 de outubro.

Segundo explicou o doutor Álvarez, o que se busca con estes relatorios é sensibilizar á poboación de que o cambio climático está aquí, o que está a producir un aumento no nivel e a temperatura do mar e unha diminución nas nortadas, producindo cambios "muy graves" en arrecifes, infraestruturas portuarias, ou na explotación marisqueira, ademais da perda de areal nas praias.

Desta maneira, tratará de concienciar aos máis novos de que os riscos e ameazas tamén lles afectan a eles e que están moi preto. "El riesgo real de esos cambios es que ya están y van a aumentar", recalcou.

Nos últimos 70 anos producíronse aumentos no nivel do mar (18 centímetros) e na temperatura superficial da auga (1 grao) pero, "si no hacemos correcciones", nos próximos 50 anos esa temperatura subirá 2 graos e a alteración no nivel do mar será de entre 50 e 100 centímetros.