O CSIC Galicia ofrece a súa colaboración á Deputación

Pontevedra
16 de abril 2019

"No hemos venido aquí a pedir nada", chanceou o novo delegado institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, Antonio de Ron ao comezo da súa entrevista coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. "Hemos venido a ofrecer nuestra colaboración", engadiu

Carmela Silva, Antonio de Ron i Elena Cartea
Carmela Silva, Antonio de Ron i Elena Cartea / Mónica Patxot

"No hemos venido aquí a pedir nada", chanceou o novo delegado institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, Antonio de Ron ao comezo da súa entrevista coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. "Hemos venido a ofrecer nuestra colaboración", engadiu.

Antonio de Ron e a directora da Misión Biolóxica de Galicia, Elena Cartea, acudiron este martes ao Pazo Provincial con propostas de cooperación e a intención de "fortalecer los puentes de colaboración que ya existen con la Deputación", que é a propietaria das instalacións da Misión Biolóxica na parroquia pontevedresa de Salcedo.

O delegado institucional do CSIC en Galicia expresou a súa idea de levar a toda a sociedade o traballo que desenvolve o CSIC e destacou que consideran "muy importante" transmitir a ciencia a través de actuacións escolares ou visitas divulgativas.

Pola súa banda a presidenta da Deputación expresou a súa ledicia por poñer en valor "campos del conocimiento tan relevantes como la ciencia y la investigación" e compartiu cos seus invitados a vontade de "despertar el interés investigador y para eso hay que poner recursos y las administraciones tenemos que estar ahí".

Carmela Silva anunciou que o goberno provincial vai estudar a posibilidade de "realizar actividades comunes que persigan el maravilloso objetivo de que la ciencia llegue a todos los lugares" porque con ela "promovemos la igualdad de oportunidades".

Por último, Carmela Silva agradeceu a oferta do CISC para empregar os seus recursos e espazos para que a Deputación poida realizar diferentes actividades.

Finalmente engadiu que "la ciencia va a ser el instrumento que nos permita ser competitivos, productivos, pues la generación de empleos de calidad y la actividad económica va a ir vinculada cada vez más al conocimiento y a la investigación".