O cruzamento de Benito Corbal e Daniel de la Sota centra de novo as críticas do PP local

Pontevedra
21 de marzo 2015

A pintura granate aplicada na intersección "estase a levantar", asegura o o concelleiro popular César Abal

Novo pavimento no cruzamento de Cobián Roffignac e Benito Corbal
Novo pavimento no cruzamento de Cobián Roffignac e Benito Corbal / Mónica Patxot

Unha vez máis o Partido Popular de Pontevedra centra as súas críticas no contravertido cruzamento entre as rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota e Cobian Rofignacc.

"Aínda que poida soar repetitivo temos que esixir a este goberno organización", sinalou o concelleiro popular César Abal nun comunicado.

Abal criticou a nova imaxe do cruzamento, agora de cor granate tras aplicar unha pintura "que ademais de non ser antideslizante estase a levantar", polo que considera que non se trata dunha solución definitiva.

Para César Abal esta situación teríase evitado de exitir "unha xestión responsable en materia urbanística".

Entre outras actuacións, o representante do PP local aludiu tamén aos pasos de peóns elevados "instalados ata en dúas ocasións en dez días" en Estribela ou á reforma executada na rúa Blanco Porto.