O CPI do Toural vai rematando a súa experiencia Erasmus

Vilaboa
05 de maio 2022

O proxecto KA229 "Learning for my future" dos programas ERASMUS+, no que está participando o alumnado e profesorado do CPI do Toural, chega ao seu fin  

Grupo do CPI do Toural participante no programa Erasmus
Grupo do CPI do Toural participante no programa Erasmus / CPI do Toural

O proxecto KA229 "Learning for my future" dos programas ERASMUS+, no que está participando o alumnado e profesorado do CPI do Toural, chega ao seu fin.

Esta semana, o alumnado de 2° e 3° da ESO está compartindo experiencias, nesta última mobilidade, no colexio Ginkūnų Sofijos ir Vladimiro Zubovų progimnazija, en Siauliai (Lituania).

Aproveitando a escala en Letonia, o grupo tamén visitou a cidade de Riga e á volta está prevista tamén unha visita á cidade de Vilnius.

As actividades ao longo da semana, xirarán en torno ás novas tecnoloxías e as aplicacións informáticas con fins didácticos. O grupo tamén coñecerá lugares de interese como o parque natural Kurtuvènai, o Museo do ámbar en Klaipeda, as dunas de Parnidis e o Museo do mar.

As actividades finalizaran cunha exhibición de música e baile tradicional das catro nacionalidades participantes no proxecto (Rumanía, República Checa, España e Lituania) e coa presentación do History book, onde se recolle un resumo de todas as actividades e do que foi este proxecto que finaliza agora despois de tres anos e co parón da pandemia.