Os municipios pontevedreses pertencentes á demarcación da Garda Civil constataron no último ano un lixeiro descenso nos índices de delincuencia que se ben "no satisface" plenamente aos mandos policiais, si lles serve de "incentivo" para "perseverar no noso traballo para mellorar a seguridade cidadá".
O balance realizouno o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o coronel Manuel Dabó Soler, durante a celebración dos actos de celebración da patroa do Corpo, a Virxe do Pilar, na Comandancia Pontevedra.
Dabó Soler sinalou, en declaracións aos medios ao termo do acto, que os índices "son ligeramente inferiores en todos los aspectos, delitos y faltas", pero que dentro deste contexto "lógicamente lo que más me preocupa son los delitos contra la propiedad". "Cuando entran en su casa o en la mía o en la de otra persona", matizou graficamente para especificar que os feitos delituosos que máis lle intranquilizan son os roubos en vivendas.
A pesar de que dende o inicio da crise diversas fontes vincularon os roubos, furtos e outro tipo de delitos contra a propiedade coa situación económica dos españois, o coronel non comparte a apreciación. "La gente es pobre, pero honrada", sinalou, para referirse a que no caso da provincia de Pontevedra "el robo de necesidad no se está dando". E iso que recoñece que "hay muchas familias que están muy necesitadas".
O coronel descartou que a Garda Civil detectase un incremento do contrabando de tabaco en Pontevedra, aínda que asumiu que "si hay una subida de precios, adquiriría más importancia". Neste sentido confirmou que "están instalados y funcionando" no litoral pontevedrés os radares situados en distintos puntos da costa española dentro do Sistema Integral de Vixilancia Exterior (SIVE) que teñen, entre outras funcións, o control de barcos que se dedican ao narcotráfico.
O máximo responsable da Comandancia indicou que contan "con personal y medios suficientes para atender las necesidades de servicio en la provincia", se ben recoñeceu que dos 35 cuarteis que hai en Pontevedra "algunos no reúnen las condiciones adecuadas para atender a los ciudadanos o a las familias que viven en ellos, requieren obras y mantenimiento". ÿ "consciente de la situación económica por la que atraviesa España" y de que "quizás no sea el momento más adecuado" para estas actuacións, pero anunciou que "en la medida que el presupuesto lo permita, iremos acometiendo estas mejoras".
LORES E SOBRAL, AUSENTES
O acto oficial do Día do Pilar tivo este ano dous grandes ausentes en Pontevedra: os alcaldes da capital e de Poio, os nacionalistas Miguel Anxo Fernández Lores e Luciano Sobral. No caso da cidade do Lérez este ano
tampouco acudiu ningún representante do grupo municipal socialista, que habitualmente envía representanción a este evento, e só asistiu o voceiro do PP, Jacobo Moreira.Ante as autoridades locais e provinciais, civís, policiais e militares que si acudiron á cita recoñeceuse o traballo realizado durante todo o ano por 32 gardas e persoal civil. No caso dos non uniformados, destacou a mención honorífica aos vixilantes de seguridade privada Diego López Malvar e José Ramón Sánchez Pérea, que habitualmente traballan no centro comercial da Barca e aos que se quixo recoñecer o "alto grao de colaboración coa garda civil".
Entre os gardas condecorados, destacan aqueles que participaron nas investigacións que deron lugar á segunda fase da operación Abuelo contra o uso de explosivos na pesca, ao esclarecemento do crime do Umia, á operación CR-29 contra o roubo de cobre na provincia ou á detención do suposto responsable do crime do veciño de Valga José Manuel Burés, o Rato.