O coronel da Garda Civil de Pontevedra cualifica o infanticida de Moraña como "una persona sin nombre"

Pontevedra
09 de setembro 2015

O coronel da comandancia de Pontevedra, Miguel Estévez Lara, mantivo unha xuntanza protocolaria coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante este mércores 9

O coronel da Garda Civil de Pontevedra, Miguel Estévez Lara, na súa visita á presidenta da Deputación, Carmela Silva
O coronel da Garda Civil de Pontevedra, Miguel Estévez Lara, na súa visita á presidenta da Deputación, Carmela Silva / PontevedraViva
O coronel da Garda Civil fai un balance da seguridade na provincia durante o verán /

O coronel da Garda Civil da comandancia de Pontevedra, Miguel Estévez Lara, mantivo o seu primeiro encontro coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, despois da toma de posesión da nova máxima dirixente provincial. A entrevista, de carácter protocolario, serviu para falar de temas de interese común en axuda de materia de acuartelamento, segundo expuxo Miguel Estévez.

A Deputación provincial e a dirección xeral da Garda Civil manteñen un acordo de colaboración cunhaaxuda económica que se destinará á mellora da fachada do acuartelamento de Pontevedra con pequenas obras na cabeceira.

Miguel Estévez realizou tamén un balance, a preguntas de PontevedraViva, sobre a seguridade durante o verán deste ano. Sinalou que fora un bo verán en xeral salvo por dous "hechos delictivos horrorosos. El tema del doble homicidio de Arbo y el infanticidio de Moraña, con esas dos criaturas que fallecieron en manos de esa persona que no tiene nombre".

O coronel indicou que a visita do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a terras galegas para pasar as vacacións se desenvolvera con normalidade e concluíu que a Garda Civil está a tratar de mellorar para ofrecer a mellor atención aos cidadáns de Pontevedra.

Arquivado en