O coronavirus obriga a suspender o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Pontevedra
12 de marzo 2020

Resistira ata o de agora pero, ante o avance do coronavirus, non puido aguantar máis. O Concello de Pontevedra confirmou que, desde esta mesma tarde, suspéndese o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que acollía o Pazo da Cultura desde o pasado venres

Inauguración do Salón do Libro Infantil no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Inauguración do Salón do Libro Infantil no Pazo da Cultura de Pontevedra. /

Resistira ata o de agora pero, ante o avance do coronavirus, non puido aguantar máis. O Concello de Pontevedra confirmou que, desde esta mesma tarde, suspéndese o Salón do Libro Infantil e Xuvenil que acollía o Pazo da Cultura desde o pasado venres.

O goberno municipal adoptou esta medida despois da instrución da Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, que recomendaban a suspensión de eventos masivos.

Xa nos últimos días, o Concello aumentara o dispositivo de limpeza en torno ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, instalando dispensadores de xel desinfectante e reforzando a presenza de persoal de limpeza.

Xunto co salón, tamén se suspenden ata novo aviso o resto de actividades impulsadas pola administración municipal, entre elas as Noites Abertas.