O pavillón do Príncipe Felipe e o local da escola Getting Jiggy Dance Studio terán o vindeiro sábado 13 de novembro un convidado especial.
Trátase do prestixioso coreógrafo e bailarín canario Rafa Méndez, actual capitán no programa de TVE, The Dancer, e coñecido pola súa participación como profesor en 'Fama, ¡a bailar!' de Cuatro, que dará unha clase de nivel intermedio/avanzado á xente que queira participar na actividade.
A clase que se celebrará no pavillón do Príncipe Felipe, segundo explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, está organizada polo programa A vida é Movernos en colaboración con Getting Jiggy.
O evento estará aberto ao público e dará comezo ás 11:30 horas, tendo unha duración de hora e media. O límite de participación está en 60 persoas, pero permitirán a entrada á cidadanía que queira asistir desde as bancadas.
Todos aqueles que queiran tomar parte no workshop poderán inscribirse a través do teléfono do estudo de danza (687 67 54 89) ou da dirección de correo electrónico [email protected]. O prezo é de 35 euros por persoa.
Pola súa banda, o segundo workshop desenvolverase pola tarde e irá destinado ao alumnado de Getting Jiggy Dance Studio, que coordina a bailarina e coreógrafa Verónica Aboy.