O conto infantil "Violeta e Mariño" explicará os nenos de Sanxenxo como actuar ante a violencia machista

Sanxenxo
23 de novembro 2022

O Concello de Sanxenxo colga desde este mércores e ata o vindeiro domingo unha lona no balcón consistorial contra a violencia de xénero e a fachada iluminarase de violeta. Dúas iniciativas enmarcadas nas actividades de conmemoración do 25-N que terán como acto central a presentación do conto infantil, "Violeta e Mariño", escrito pola directora do CIM, Diana Názara; a asesora xurídica do CIM, Beatriz Carrera, e a ilustradora, Yolanda Martínez

'Violeta e Mariño'
'Violeta e Mariño' / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo colga desde este mércores e ata o vindeiro domingo unha lona no balcón consistorial contra a violencia de xénero e a fachada iluminarase de violeta. Dúas iniciativas enmarcadas nas actividades de conmemoración do 25-N que terán como acto central a presentación do conto infantil, "Violeta e Mariño", escrito pola directora do CIM, Diana Názara; a asesora xurídica do CIM, Beatriz Carrera, e a ilustradora, Yolanda Martínez.

O conto que centra a programación do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres en Sanxenxo presentarase este venres no Pazo de Emilia Pardo Bazán, ás 20 horas.

A fundadora e produtora de "Vaca Films", Emma Lustres, amadrinará o acto no que Najla Shami encargarase de poñer a música e no que haberá unha performance interpretativa a cargo de "Moito Morro Teatro". A actividade está financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Durante a presentación realizarase unha proxección do conto que ten como protagonistas a Violeta e Mariño. Dous irmáns que sofren en casa violencia de xénero contra a súa nai. A historia pensada para alumnado desde Infantil ata Primaria trata o problema e como actuar, a través da metáfora dunha bolboreta, facendo chegar a mensaxe, pero fuxindo da crueza do golpe e o insulto. 

A entrada é libre e gratuíta. O CIM repartirá entre os nenos que asistan unha pulseira, unha chapa e un llavero cun código QR co conto e co lema "Respecto, empatía e liberdade". Aos adultos entregaráselles unha tarxeta co código QR e o conto, un bolígrafo e un layer para colgar o móbil co mesmo lema.

Para dar a coñecer o conto, colocarase unha placa co código QR nas distintas parroquias para achegalo aos distintos puntos do municipio. 

Ademais, realizaranse contacontos nos centros educativos con monicreques con "Violeta e Mariño".

 

Arquivado en