O Consello Municipal da Muller recoñecerá a loita das traballadoras do elaborado do mar do porto de Marín

Marín
22 de xaneiro 2019

Este organismo consultivo municipal xustificou a súa decisión en que este é "un sector moi feminizado que é necesario visibilizar e dotar de valor en apoio ás reivindicacións de mellora das súas condicións laborais"

Consello Municipal da Muller
Consello Municipal da Muller / Concello de Marín

Este martes reuniuse o Consello Municipal da Muller que acordou por unanimidade dedicar o Día Internacional da Muller (8M) ás traballadoras do elaborado do mar do Porto de Marín.

Este organismo consultivo municipal xustificou a súa decisión en que este é "un sector moi feminizado que é necesario visibilizar e dotar de valor en apoio ás reivindicacións de mellora das súas condicións laborais".

Os actos do Día Internacional da Muller organizaranse centrándose no colectivo elixido, dando lugar ao acto institucional coas testemuñas de mulleres que traballan no sector, o traballo nos centros educativos e o labor de sensibilización coa cidadanía. Acordouse tamén amosar o seu apoio á Plataforma Feminista Galega do 8M.

Ademáis fixéronse achegas para a elaboración do manifesto do 8 de marzo. Así a declaración institucional que versará sobre a importancia da independencia económica das mulleres, evitar o retroceso nos dereitos conseguidos polas mulleres no seu percorrido histórico e insistir na importancia clave do feminismo da igualdade.

Tamén se fixo fincapé na repulsa unánime do Consello Municipal da Muller á violencia machista, nomeadamente nos casos detectados a nivel local.