O consello escolar de Marín tomará medidas para previr o acoso nas aulas

Marín
15 de xuño 2017

Na xuntanza detalláronse as necesidades expostas polos equipos directivos dos centros escolares para acometer durante o periodo de vacacións

Consello municipal escolar de Marín
Consello municipal escolar de Marín / Concello de Marín

Esta xoves celebrouse a sesión ordinaria do Consello Escolar Municipal presidido pola concelleira Marián Sanmartín que ten delegadas as competencias en educación, estando representados os grupos municipais, representación das ANPAS, dos centros educativos, do alumnado e dos sindicatos.

Previamente foron celebradas dúas comisións para elaborar a orde do día: a comisión de obras nos centros públicos e a comisión permanente.

Na xuntanza detalláronse as necesidades expostas polos equipos directivos dos centros escolares para acometer durante o periodo de vacacións.

Tamén se acordou instar a todos os centros educativos do municipio a que no caso de realizar campamentos en períodos vacacionais, establezan un prezo público fixo para todos os participantes en ditos campamentos, independentemente de donde estén matriculados, sendo aprobado por maioría.

Co fin de previr o acoso escolar nos centros educativos e calquera conducta de discriminación entre o alumnado, se aprobou por unanimidade que o departamento de servizos sociais dentro das reunións periódicas que se celebran cos centros educativos da localidade, aborde este asunto, para detectar posibles casos e acordar medidas de prevención para evitalos.

Ademais se creou unha comisión de educación libre de acoso, no que se plantexarán métodos de prevención.

O último punto tratado non tivo o apoio da maioría dos asistentes e consistía nunha moción da CIG- Ensino, na que se lle propoñía á Xunta elaborar un novo decreto que apostara polo ensino en galego, pedindo a derrogación inmediata do decreto de plurilingüismo.