O conflito laboral do Parque de Maquinaria trasládase á praza do Obradoiro

Pontevedra
30 de xullo 2016

 Este venres trasladouse ata a festa de Santa Marta de Ponte Arnelas, durante toda a fin de semana estará na Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña e ás 10.40 horas deste sábado puxo rumbo a Santiago de Compostela

Manifestación de traballadores do Parque de Maquinaria desde o Pazo Provincial ata a estación de tren
Manifestación de traballadores do Parque de Maquinaria desde o Pazo Provincial ata a estación de tren

O conflito laboral que manteñen os traballadores do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra coa institución provincial desde hai xa meses deu un salto xeográfico nas últimas horas e dará un a ún maior ao longo da xornada deste sábado. Este venres trasladouse ata a festa de Santa Marta de Ponte Arnelas, durante toda a fin de semana estará na Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña e ás 10.40 horas deste sábado puxo rumbo a Santiago de Compostela. 

Os traballadores, apoiados polo sindicato Comisións Obreiras, decidiron trasladar as súas queixas e reivindicacións a puntos nos que se concentre gran cantidade de público, para así facer ver a cada vez máis persoas que  "Carmela Silva (PSOE) y Cesáreo Mosquera (BNG) se hacen ricos mientras suprimen, para privatizar servicios de la Diputación".

No caso da capital de Galicia, trátase dunha protesta que partiu do Pazo Provincial pasadas as 10.40 horas, percorreu as rúas do centro de Pontevedra e ás 11.30 horas desenvocó na estación de ferrocarril para coller un tren directo a Santiago. Desde alí, e mentres reparten folletos coas súas protestas, está previsto que percorren as rúas do centro ata confluír na praza do Obradoiro para facerse oír. Xa pola tarde, regresarán a casa. 

No caso das festas populares, esta fin de semana os seus esforzos centraranse en dar a coñecer as súas demandas en Moraña, pero tampouco faltarán a unha das citas máis multitudinarias do verán nas Rías Baixas, a Festa do Albariño de Cambados, na que estarán presentes entre o xoves e o domingo para repartir os seus folletos e explicar aos cidadáns este conflito laboral. 

Segundo indicou o portavoz dos traballadores, José Ramón Piñeiro, están a ter moi boa receptividade por parte dos cidadáns en todos os puntos nos que dan a coñecer a situación e trasladan, por exemplo, que xa detectaron que a Deputación Provincial contratou a empresas privadas servizos que ata agora prestaban os traballadores do Parque de Maquinaria, de modo que xa se iniciou o "camiño á privatización" do servizo.

Ademais, durante estas incursións nas festas populares e no Obradoiro tamén teñen pensado denunciar a "dobre bara de medir" dos responsables da Deputación, en especial da presidenta e o vicepresidente, Carmela Silva e César Mosquera, pois "teñen salarios máis altos que vos membros do Goberno" mentres denuncian os supostos  privilexios dos traballadores do Parque de Maquinaria, que "son mileuristas". Con todo, a Deputación mostrou datos xa hai meses sobre os salarios dos empregados deste servizo, que teñen nóminas medias de 40.268,46 euros ao ano, dos que unha media de 7.411,72 euros son dietas e quilometraxe -nalgúns casos ata 12.000-.

Arquivado en