O coñecido atracador 'Canceliñas', a xuízo este martes

Pontevedra
22 de marzo 2015

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará esta semana ao coñecido atracador 'Canceliñas' acusado xunto a outro home de tres delitos de roubo, un de detención ilegal e dous de lesións

Edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra na rúa Rosalia de Castro
Edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra na rúa Rosalia de Castro / Diego Torrado

A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará esta semana ao coñecido atracador 'Canceliñas' acusado xunto a outro home de tres delitos de roubo, un de detención ilegal e dous de lesións.

Saturnino Marcos Cerezo Cancelas, de 46 anos máis coñecido como 'Canceliñas', e o seu compañeiro Álvaro Miguel dos Santos Barbosa, de 33, están acusados de roubar nunha vivenda de Torneiros (Porriño) en outubro de 2013 na que amedrentaron as vítimas cunha escopeta de perdigóns e un coitelo de grandes dimensións.

A Fiscalía acúsaos tamén de atracar unha gasolineira en Tui uns días despois, así como de secuestrar un home en Portugal, ao que ameazaron cunha escopeta, para poder utilizar as súas tarxetas de crédito. O home foi liberado ao día seguinte en Ponteareas.

O fiscal pide para 'Canceliñas' con antecedentes, 28 anos de prisión; e para Álvaro Miguel, sen antecedentes, 25 anos e nove meses de prisión.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informa que o xuízo se desenvolva en dúas xornadas, a do martes 24 e o xoves 26.