O Concello traslada a Amizade os detalles da reforma urbana de Barcelos e a rúa Santiña

Pontevedra
02 de febreiro 2021

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez, continúa coa súa rolda de contactos co tecido social da cidade para presentar os proxectos que se poñerán en marcha proximamente en Barcelos, A Santiña e Rosalía de Castro

Reunión telemática do concelleiro de Obras Urbanas de Pontevedra, Demetrio Gómez, co representante de Amizade, Paulo Fontán
Reunión telemática do concelleiro de Obras Urbanas de Pontevedra, Demetrio Gómez, co representante de Amizade, Paulo Fontán / Concello de Pontevedra

O concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gómez; e o presidente da Asociación Amizade, Paulo Fontán; mantiveron este martes unha reunión telemática sobre dous proxectos de reforma urbana que se acometerán na cidade nos próximos meses como son as reformas de Barcelos e a rúa da Santiña.

Desde Amizade propuxeron unha serie de elementos que non figuraban recollidos nos proxectos básicos como a instalación de aparcamentos para persoas con discapacidade e que se faga un estudo sobre a accesibilidade do mobiliario urbano. Peticións que Gómez comprometeuse a incorporar no proxecto de execución de ambas as obras. 

Este encontro súmase aos xa mantidos coa Federación de Veciños Castelao e a Asociación de Veciños do Burgo. Os contactos co tecido social continuarán co empresariado da contorna da praza de Barcelos. Tamén está previsto outra xunta con representantes do colecitvo Mollavao Si para explicarlles o proxecto de reforma da rúa Rosalía de Castro.