A Rúa Pedreiras de Abaixo será obxecto dunha humanización total, coa que mellorar o espazo público deste barrio, despois de que xa se actuase en Pedreiras de Arriba.
Tal e como explicaron fontes do goberno municipal, este proxecto xa foi presentado psra acadar financiación do Plan Concellos da Deputación e poder así licitalo e executalo á maior brevidade posible.
A actuación, na que se investirán cerca de 237.700 euros, consistirá na sustitución de todo o pavimento e na renovación das redes municipais de saneamento e de abastecemento, ademais de soterrar a rede de alumeado público. En total, intervirase nunha superficie de 855 metros cadrados.
Con esta intervención, o Concello destaca que "segue avanzando na mellora de todo o espazo público, tamén nos barrios coma este, que a pesar da súa orografía complexa, tamén precisa dunha mellora integral que faga máis cómoda e agradable a vida dos veciños e optimice a prestación dos servizos públicos de calidade".