O Concello ofertarlle á Xunta sete parcelas diferentes para a construción de vivenda de promoción pública

Pontevedra
07 de maio 2024

A administración local remitiu este martes un informe para ofertarlle á Xunta sete parcelas diferentes para a construción de vivenda de promoción pública. Ademáis a aprobación da licenza municipal para a construción de 74 vivendas en Valdecorvos é inminente

Parcela de Valdecorvos que será un estacionamento disuasorio
Parcela de Valdecorvos que será un estacionamento disuasorio / Mónica Patxot

O edil de Urbanismo, Alberto Oubiña, ofreceu este martes unha rolda de prensa para facer o anuncio de retomar unha serie de vías de colaboración coa Xunta de Galiza e co Instituto Galego de Vivenda e Solo.

"Semella que co cambio producido na consellería agora a Xunta está aberta á construción dun maior número de vivenda pública, algo para o que desde o Concello sempre ofreceremos a máxima colaboración posible, todas as facilidades para que así se leve adiante", explicou Oubiña.

"De feito, estamos tramitando a licenza para a construción de 74 novas vivendas de promoción pública en Valdecorvos. O expediente está moi avanzado, os servizos técnicos teñen xa os informes favorábeis e só faltaría unha pouca documentación desde a Xunta que de seguro se entregarán nas vindeiras semanas e poidamos conceder esta licenza", engadiu.

O edil quixo afondar na idea de establecer unha nova vía de colaboración entre as administracións local e autonómica, "facilitando o traballo de construción de nova vivenda pública", polo que desde o Concello de Pontevedra se ofertarán até 7 parcelas para tal uso.

Será unha parcela en Valdecorvos (cunha edificabilidade de 7.500 metros cadrados), actUnidade de Actuaciónlmente adicada a estacionamento. Calcúlase que ofrecería espazo para 54 vivendas.

Outra parcela está ubicada na Unidade de ActUnidade de Actuaciónción 7, mazá 46G (zona da antiga Tafisa), con 5.800 metros cadrados de edificabilidade.

Outra parcela na rúa da Barca, no número 45. Serían uns 735 metros cadrados edificables. Outra parcela na rúa Amado Carballo, con 1.000 metros cadrados de edificabilidade e unha parcela na rúa das Devesas, na zona da Parda, na Unidade de Actuación 15. 1.500 metros cadrados de edificabilidade.

Tamén hai unha parcela na Unidade de Actuación 18, na rúa Poza dos Canos, con 1.000 metros cadrados de edificabilidade. 

E a última das parcelas estaría sitUnidade de Actuaciónda nunha zona cun proxecto pendente de desenvolver, na Finca do Teucro. Contaría cunha edificabilidade de 1.900 metros cadrados.

"De xeito paralelo, queremos amosarlle á Xunta toda a nosa dispoñibilidade para recibir unha serie de parcelas que estaban pendentes xa de recepción por parte dese convenio malogrado do ano 2008", indicou o concelleiro. Estas parcelas están sitUnidade de Actuacióndas no barrio de Monte Porreiro, que inicialmente ían ser usadas para a construción de vivenda —uso que xa foi rexeitado—, mais funcionan xa como zona verde, polo que a súa transferencia debería formalizarse neste novo capítulo.

Tal e como sinalou o edil, os servizos técnicos remitirán  este martes o informe coas sete parcelas ofrecidas para que a Xunta de Galiza estude a viabilidade dos proxectos que estime. "Sería unha moi boa noticia a posta en marcha de 170 novas vivendas protexidas para a nosa cidade. Desde logo cremos que contribuiría a reducir o prezo da vivenda e a contelos", finalizou.