A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural acaba de iniciar unha actuación de acondicionamento na senda fluvial do Lérez. Os traballos previstos corresponden ao tramo de senda desde o seu inicio na Avenida de Buenos Aires, xunto á praia fluvial e a estación de bombeo de Monte Porreiro. O proxecto que corre a cargo da empresar Redenor, ten un orzamento que rolda os 25.000 euros.
Realízase unha tala de árbores secas, unha renovación integral das pasarelas e varandas de madeira, así como a renovación do pavimento do citado treito. De igual forma repoñerase a pasarela de madeira existente entre a Avenida de Buenos Aires e cálea Holanda, que xa se reparou de forma urxente hai uns meses.
O concelleiro delegado desta área, o socialista Iván Puentes, sinala que "esta talla inicial ten a finalidade de preparar toda a zona para a execución dos traballos posteriores, eliminando árbores secas perigosas que invadían o camiño ou que dificultaban o acceso para acometer unha rexeneración profunda".
Unha vez rematadas esas tallas, procederase á reparación e reposición dos elementos de madeira deteriorados ou rotos, así como á reposición do pavimento e eliminación de fochancas. A intención desta concellería é poder continuar con este proxecto de rexeneración integral no tramo que discorre entre a estación de bombeo e a parroquia de Bora, de forma que "toda a senda fluvial do Lérez estea en óptimas condicións de conservación".