O Concello freta un autobús gratuíto para a manifestación feminista de Lugo

Pontevedra
21 de febreiro 2019

Pontevedra, a través da Concellaría de Igualdade, pon a disposición das persoas interesadas un autobús gratuíto para acudir á manifestación feminista que se celebrará o próximo 3 de marzo na cidade de Lugo

Concentración contra a sentenza do Tribunal de Navarra no caso de 'La Manada'
Concentración contra a sentenza do Tribunal de Navarra no caso de 'La Manada' / Mónica Patxot

Pontevedra, a través da Concellaría de Igualdade, pon a disposición das persoas interesadas un autobús gratuíto para acudir á manifestación feminista que se celebrará o próximo 3 de marzo na cidade de Lugo.

O autobús sairá ás 8.30 horas da capela de San Roque e ás 8.45 do mercado de abastos, onde fará unha parada, e ten previsto o regreso para as 16.00 horas.

Para as interesadas en viaxar neste autobús ábrese un prazo de inscrición que comeza este venres 22 de febreiro e que estará aberto ata o vindeiro día 27. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

As inscricións deben realizarse nas oficinas do CIM de luns a venres de 09.00 a 14,00 horas ou no correo electrónico igualdade@pontevedra.eu, deixando o nome e apelidos, DNI, enderezo, idade, teléfono e correo electrónico.

As mozas menores de idade deberán ir acompañadas por unha maior de idade e presentar autorización materna ou paterna acompañada de copia de DNI.

Dende o Concello de Pontevedra animan a toda a cidadanía a participar nesta manifestación co fin de reivindicar os dereitos das mulleres, a defensa dos conquistados e a loita polos que quedan por lograr.