O Concello e a Xunta reparten case 2,7 millóns entre a hostalería e sectores afectados pola covid en Sanxenxo

Sanxenxo
04 de agosto 2021

As axudas directas de 1.000 euros achegadas polo Concello de Sanxenxo aos establecementos de hostalería para compensar os prexuízos económicos ocasionados pola Covid comezaron a abonarse. En total, beneficiaranse 353 locais

Dúas persoas pasean por diante dun local de hostalería en Sanxenxo
Dúas persoas pasean por diante dun local de hostalería en Sanxenxo / Mónica Patxot

As axudas directas de 1.000 euros achegadas polo Concello de Sanxenxo aos establecementos de hostalería para compensar os prexuízos económicos ocasionados pola Covid comezaron a abonarse. En total, beneficiaranse 353 locais. 

Esta repartición viuse axilizada tras o convenio asinado coa Xunta de Galicia para fixar os criterios baixo os cales os hostaleiros puideron optar a estas subvencións.

Son case 2,3 millóns que a Xunta repartiu entre autónomos, microempresas, hostaleiros e outros sectores do municipio afectados polas restricións sanitarias. 

Entre elas, recentemente, no caso do sector hostaleiro do municipio, foron tramitadas 30 solicitudes para a mellora de terrazas e paquetería para envío a domicilio que supuxo máis de 354.000 euros.

Esta orde supuxo o 80 % do investimento en axudas directas a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, desde un mínimo de 1.500 euros dos gastos ata un máximo de 25.000 euros.