O concello de Sanxenxo contradí os mercados e aforra cartos ao incorporar traballadores de limpeza dos colexios

Sanxenxo
04 de abril 2013

As arcas municipais aforrarán máis de 250 mil euros ao subrogar no equipo municipal 47 traballadores de limpeza e conserxaría da empresa Samyl

Concello de Sanxenxo
Concello de Sanxenxo

O concello de Sanxenxo del Partido Popular decidiu levar a cabo unha iniciativa contraria á que establecen os gurús do mercado económico. En lugar de apoiar a privatización de decidiunas por apostar polo emprego público. Desta forma subrogou os 47 traballadores de Samyl, a empresa concesionaria da limpeza e conserxaría dos colexios e edificios públicos.

Estes empregados incorporáronse ao equipo municipal "dado que se viña desenvolvendo un servizo óptimo por parte destes traballadores o que nos levou a apostar pola continuidade a través da súa subrogación", segundo explicaron os concelleiros de Persoal e Economía, Salvador Durán e Marcos Guisasola.

Estes traballadores pasan a formar parte do organismo autónomo Terra de Sanxenxo e manteñen o seu emprego, a súa xornada laboral, a súa antigüidade e o mesmo soldo.

Con esta medida, o goberno local afirma que aforra ás arcas municipais un importe superior aos 250.000 euros anuais grazas á eliminación dos custos como o 21% do IVE e o beneficio industrial que si se aboaba á firma Samyl. Actualmente o concello de Catalina González asumía máis dun millón de euros ao ano pola prestación.

O persoal incorporado continúa realizando as tarefas de limpeza e conserxaría dos colexios, así como da Piscina Municipal, a Xerencia de Urbanismo, Medio, o Pazo Emilia Pardo Bazán, a Casa Consistorial, e demais locais públicos.