O Concello de Sanxenxo compra doce ordenadores con cargo ao Plan Concellos

Sanxenxo
06 de novembro 2018

Coa chegada da sede electrónica e o paso dos anos, cada vez de fai máis necesaria a renovación destes equipos, para que permitan o traballo con novas ferramentas e aplicacións e non queden obsoletos

Sede principal do Concello de Sanxenxo
Sede principal do Concello de Sanxenxo

Cun orzamento de 11.600 euros, o Concello de Sanxenxo adquiriu 12 equipos informáticos, así como diversos paquetes de programas.

Coa chegada da sede electrónica e o paso dos anos, cada vez é máis necesaria a renovación destes equipos, para que permitan o traballo con novas ferramentas e aplicacións e non queden obsoletos.

Este orzamento foi financiado co sobrante do Plan Concellos 2017, da Deputación de Pontevedra.

Ademais, actualizáronse os equipos de control presencial dos traballadores. Estes 7 equipos foron instalados no ano 2016 e están instalados en diferentes dependencias municipais para o control de acceso e horarios dos diferentes postos de traballo. A súa adquisición, tamén foi financiada a través do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.