O Concello de Ribadumia busca persoal para traballar na Festa do Viño Tinto do Salnés

Umia
21 de abril 2023

No Concello precísase persoal para atender os clientes na carpa de venda de viños da festa, mediante un contrato eventual a tempo completo desde o venres 2 de xuño ata o domingo día 4 do mesmo mes

Festa do Viño Tinto do Salnés
Festa do Viño Tinto do Salnés / Xunta de Galicia - Arquivo

O Concello de Ribadumia publica unha oferta de emprego para a 50ª edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e as súas Variedades Autóctonas.

Nela, indican que se precisa persoal para atender os clientes na carpa de venda de viños da festa, mediante un contrato eventual a tempo completo desde o venres 2 de xuño ata o domingo día 4 do mesmo mes.

As persoas interesadas nesta oferta deberán ser maiores de idade, e valorarase de forma positiva que se conte con experiencia previa no sector hostaleiro. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 19 de maio.

As candidaturas poderanse formalizar a través dun formulario que está dispoñible nas dependencias municipais.

Segundo apuntan desde o Concello, esta iniciativa é unha oportunidade que permite fomentar o emprego local da zona. Ademais, aseguran que consegue establecer unha maior vinculación da poboación de Ribadumia coas actividades que se desenvolven nela e a cultura propia do municipio.