O Concello de Pontevedra tíñese de vermello polas enfermidades neuromusculares

Pontevedra
16 de novembro 2021

Este 15 de novembro celébrase en toda España o Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares e o obxectivo deste ano é conseguir máis investigación e que as terapias rehabilitadores inclúense no Sistema Nacional de Saúde

O Concello de Pontevedra ilumínase de vermello con motivo do Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares
O Concello de Pontevedra ilumínase de vermello con motivo do Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares

A fachada da Casa do Concello de Pontevedra, na Praza de España, permanece iluminada de cor vermella con motivo da conmemoración do Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares.

O tenente de alcalde, Tino Fernández, e o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, participaron este luns no acto de aceso da iluminación xunto a dirixentes da delegación pontevedresa da Asociación Galega Contra as Enfermidades Neuromusculares ( ASEM), promotores desta campaña que se realiza a nivel estatal.

No seu manifesto, o colectivo destaca que en España hai unhas 60.000 persoas afectadas por unha enfermidade neuromuscular, mentres que en Galicia son ao redor de 4.000; e o obxectivo deste tipo de colectivos é o de mellorar a calidade de vida destes enfermos e atender as súas necesidades e as das súas familias.

A pandemia atrasou o logro de moitos destes obxectivos, é por iso que agora, con motivo do 15 N, volven reclamar que as terapias rehabilitadoras estean incluídas dentro do Sistema Nacional de Saúde, así como fomentar a investigación biomédica.