O Concello de Pontevedra pide á Xunta que reconsidere o peche do Laboratorio de Saúde Pública

Pontevedra
09 de abril 2013

Saber se hai carne de cabalo nas hamburguesas que nos venden como cento por cento de tenreira, detectar substancias fecais na tarta do Ikea, garantir que a calidade das augas das nosas praias merece unha bandeira azul, controlar o estado dos moluscos, son só algunhas das tarefas que diariamente ocupan aos 21 técnicos que traballan en Pontevedra no Laboratorio de Saúde Pública que a Xunta decidiu pechar

Saber se hai carne de cabalo nas hamburguesas que nos venden como cento por cento de tenreira, detectar substancias fecais na tarta do Ikea, garantir que a calidade das augas das nosas praias merece unha bandeira azul, controlar o estado dos moluscos, son só algunhas das tarefas que diariamente ocupan aos 21 técnicos que traballan en Pontevedra no Laboratorio de Saúde Pública que a Xunta decidiu pechar.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e unha comisión de traballadoras deste Laboratorio solicitaron á Conselleria de Sanidade que reconsidere a decisión de pechar os centros provinciales e habilitar un único laboratorio en Lugo.

Segundo explicou Pilar Fernández, coordinadora do laboratorio, no ano 2009 foron inauguradas as instalacións da cidade do Lérez que se montaron no edificio administrativo de Pontevedra cun custo de 4,5 millóns de euros, sen incluír medio millón máis nos equipamientos. "Por este motivo a decisión do peche agora ten menos sentido aínda", dixo o alcalde.

Unha parte do persoal do laboratorio pontevedrés terá a posibilidade de continuar a súa actividade en Lugo, cos transtornos que isto supón, mentres que o resto será recolocado na delegación noutros postos alleos á súa formación como técnicos de laboratorio.

O centro pontevedrés conta cos máis altos certificados de calidade, é un servizo "esencial" para o control que se realiza sobre os alimentos, o catering dos colexios, a auga das piscinas, dos hospitais, no verán lévanse a cabo 50 mostras diarias de praias. Ademais o de Pontevedra é o único de Galicia que realiza análise de metais pesados procedentes da pesca.

Se a decisión da Xunta non cambia no prazo aproximado dun ano, todo este tipo de analíticas terán que facerse en Lugo, perdendo inmediatez e sen que isto supoña un aforro nos custos.

A coordinadora cualificou de "abuso de poder" e "nepotismo" a decisición de suprimir os centros periféricos. Neste caso non se trata de ningunha herdanza de gobernos anteriores xa que este modelo foi impulsado pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, durante o primeiro mandato de Alberto Núñez Feijóo.