O concello de Pontevedra pechou o ano 2012 cun total de 8.967 parados.
Na análise pormenorizada dos datos detéctase unha mínima contratación no sector servizos vinculada ao período navideño, pero unha destrución na construción, na industria e no sector primario.
Preocupa especialmente a destrución de emprego na Industria "porque coincide cunha análise de balances de determinados centros de traballo pequenos que non aguantan máis e deciden pechar", indica o secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, que valora estes peches como "os máis dolorosos, porque volver retomar ese ámbito é o máis difícil".
O "gran problema" sinalan os sindicatos "é que en Galicia non hai consumo" e isto é debido a que "desde fai anos aquí presúmese que somos os campións da austeridade, dos recortes. A nós aforrando non hai quen nos gañe. Quen poida aforrar", di Vidal.
"Febreiro e marzo serán dolorosos", vaticina o secretario comarcal de UGT.
Pola súa banda, a directora xeral de Emprego e Formación da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López, considerou que o dato deste mes é "negativo". Neste sentido, explicou que nestas datas en Galicia tradicionalmente prodúcense incrementos do paro, "ao contrario que noutras comunidades autónomas que teñen un maior empuxe turístico ou de comercio no Nadal".
"Mesmo en épocas de bonanza económica, Galicia rexistraba aumentos do desemprego no mes de decembro", explicou a responsable autonómica.
Ana María Díaz precisou que o dato rexistrado este mes de dicembro "é ou máis baixo dos meses de decembro dos últimos seis anos de Galicia".