O Concello de Pontevedra formaliza o seu rexeitamento ao trasvase do Verdugo

Pontevedra
18 de decembro 2017

A Xunta de Goberno local aprobou este luns facer pública esta oposición e trasladarao tanto á plataforma en defensa do río Verdugo como ás distintas administracións implicadas. Enviarase unha carta á Xunta de Galicia e aos distintos concellos afectados pola medida

Manifestación en Soutomaior contra o trasvase do Verdugo
Manifestación en Soutomaior contra o trasvase do Verdugo / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra oponse formalmente ao trasvase da auga do río Verdugo ao Oitavén para fornecer á presa de Eiras. A Xunta de Goberno local aprobou este luns facer público este rexeitamento, que o BNG xa manifestara hai semanas ao anunciar unha denuncia contra a Xunta de Galicia ante as autoridades europeas e o propio Concello dixera en distintos foros. 

Con este acordo da Xunta de Goberno formalízase a postura do goberno nacionalista e, ademais, faise público que o Concello demanda novas solucións ou alternativas que non pasen polo trasvase.

A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, insistiu este luns en que o equipo de goberno rexeita este trasvase, que serviría para fornecer de auga ao encoro que dá servizo a Vigo e a súa comarca, é "un atentado ambiental contra a riqueza dos nosos ríos"

Gualías tamén critica que esta obra empezouse a tramitar para executar pola vía de emerxencia e anuncia que este posicionamento do Concello trasladarase tanto á plataforma en defensa do río Verdugo como ás distintas administracións implicadas. 

Así, enviarase unha carta á Xunta de Galicia, administración responsable das obras, e tamén aos distintos concellos afecatados polo trasvase. Entre eles, cobra especial importancia o rexeitamento manifestado polo goberno local de Pontevedra e a oposición de Soutomaior, pois ambos convocaron xa manifestacións de protesta contra a medida. 

Arquivado en