O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz anunciou que "iremos da man coa Comunidade de Montes de Baltar para paralizar o parque eólico Serra da Fracha".
A pasada semana a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade recolvió o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da Fracha, que afecta a Ponte Caldelas e a Pontevedra.
Este proxecto, promovido por Eólica Santa Teresa, conlevará a instalación de dous aeroxeradores coa súa infraestrutura asociada para ofrecer 8,4 MW de potencia total. O parque eólico, segundo o proxecto, conectarase á rede eléctrica mediante a Subestación Transformadora A Reigosa.
Tras coñecerse esta decisión da Xunta, este venres tivo lugar unha reunión no despacho da Alcaldía de Ponte Caldelas de Andrés Díaz cos representantes dos comuneiros de Baltar e da Reigosa. Neste encontro o rexedor mostrou o seu rexeitamento a este proxecto eólico.
"Sabemos que será un proceso longo, agora ben, iremos a por todas", manifestou o alcalde.
Andrés Díaz confirmou que no Concello de Ponte Caldelas "presentaremos recurso administrativo se o proxecto se aproba pola Consellería de Medio Ambiente ou denuncia no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se o aproba o Consello da Xunta".
No seu perfil nas redes sociais, o alcalde publicou "En Ponte Caldelas nin eólicos nin liñas de alta tensión!"