O Concello de Poio sumábase este martes á mostras de pesar e condena polo crime machista ocorrido o pasado 2 de agosto na Coruña.
Neste minuto de silencio, que tivo lugar no Pazo de Besada, participaba o alcalde, Ángel Moldes; a concelleira de Benestar e Igualdade, Nati Torres; membros da Corporación local, asi como traballadores e traballadoras do Concello.
Tras unha pancarta na que se lía: Contra as violencias machistas, facíase constar o seu recordo a todas as vítimas de violencias machistas e en particular a esta última muller, Mercedes de 74 anos, asasinada polo seu marido.
Este caso ocorrido na Coruña é a segunda morte que se produce este ano 2024 en Galicia.
O Concello de Poio sumouse ás mostras de pesar e condena polo crime machista na Coruña
Poio
06
de agosto
2024
Diversas administracións de Galicia gardaron un minuto de silencio por Mercedes, asasinada polo seu marido o pasado 2 de agosto

Máis novidades