O Concello de Poio reúnese coas comparsas para preparar o Entroido

Poio
25 de xaneiro 2017

A concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, reuniuse coa comparsa Os Canecos, a asociación de veciños de Lourido, o Ateneo Corredoira, a comparsa Os Centolos e o grupo de entroido de Samieira, escusando a súa presencia a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó e a asociación de veciños de Campelo

Enterro do Galo Fodorico 2016 en Poio
Enterro do Galo Fodorico 2016 en Poio / Diego Torrado

A concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, reuniuse coa comparsa Os Canecos, a asociación de veciños de Lourido, o Ateneo Corredoira, a comparsa Os Centolos e o grupo de entroido de Samieira, escusando a súa presencia a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó e a asociación de veciños de Campelo.

Todos eles falaron da organización do entroido e apostouse por manter o desfile na PO-308 na Avenida de San Xoán. Valorouse a seguridade dos transeúntes, dos automobilistas e dos compoñentes do propio desfile.

Estes colectivos queren que a Praza da Granxa de Campelo siga a ser o punto neurálxico onde se faga a festa con toda a súa animación, a presenza do Galo Fodorico, a entrega de premios e demais actividades do entroido.

Con estas directrices, os distintos departamentos municipais están a ultimar os percorridos e cadrando os horarios cara a súa difusión en próximas datas.

Un dos aspectos que os organizadores valoran este ano é a "eficiencia económica" e a "posta en valor das prazas e locais municipais". Outra das cuestións que se tiveron en conta son as "posibles alternativas ante as inclemencias meteorolóxicas" para garantir o desfrute desta tradición con tanto arraigo no municipio.

Arquivado en