A concellería de Medio Ambiente xunto con Protección Civil de Poio eliminou durante o presente ano 145 niños de avespa asiática, e atendeu un total de 165 avisos nas cinco parroquias do municipio, cun total de 31 saídas do persoal voluntario da agrupación.
O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luis Martínez Blanco, informou que os meses nos que máis avisos houbo foron os de xuño e xullo, cun total de 109, debido a que son os meses estivais onde máis proliferan estes insectos.
O protocolo a seguir no caso de detección dun niño destas avispas é comunicalo ao 012 onde o persoal adscrito ao programa indicaralle os pasos a seguir e posteriormente poñerase en contacto con Protección Civil de Poio, que como concello colaborador coa Xunta procederá á retirada dos niños por parte dos voluntarios.
Antes da retirada dos niños hai unha xestión e visita anterior da zona para obter máis datos, poñerse en contacto co reclamante e mirar accesos para despois pola noite retirar os niños. Ten que ser en horario nocturno debido a que nestas horas hai maior número de avispas nel é máis doada a súa retirada, xa que non hai avispas fóra do avispero que poidan poñer en risco a integridade dos voluntarios.