O Concello de Marín mellora a estación de bombeo de Aguete

Marín
18 de novembro 2019

O mal funcionamento das bombas provocaba filtracións de augas fecais ao areal en épocas de choivas intensas. A actuación ten un prazo de execución de tres meses e un orzamento superior aos 160.000 euros

Obras na estación de bombeo de Aguete, en Marín
Obras na estación de bombeo de Aguete, en Marín /

O Concello de Marín resolverá os problemas de funcionamento da Estación de Bombeo de Augas Residuais ( EBAR) da Goleta, situada preto da praia de Aguete, para acabar cos alivios que chegaban directamente ata o areal. Os técnicos municipais comprobaron que coas choivas producíase un aumento excesivo do caudal que pasa polas bombas da estación, que filtraban cara á praia a través dun colector de formigón xerando un importante impacto ambiental.

Para resolver estas evacuacións de augas pluviais e fecais, o Concello colocará un novo colector para corrixir a saída do actual e mellorar a súa funcionalidade. Tamén dotarán á estación de dous depósitos de retención sólidos que se colocarán á eentrada dos colectores e terán como función filtrar as augas antes de que pasen pola rede. Así mesmo, ampliarase a caseta do cadro de protección e mando.

A actuación inclúe ademais a reposición das bombas para conseguir un incremento do 70 % do caudal de impulsión, de acordo coas estimacións dos técnicos. A obra permitirá tamén reducir o consumo enerxético e alongar a vida útil dos compoñentes das bombas.

Os traballos terán unha duración de tres meses e un orzamento de 161.873,24 euros.